A Comunidade de Montes de Baroña organizou este verán dous roteiros para mostrar e reivindicar o patrimonio histórico, paisaxístico e natural da parroquia sonense. Trátase dunha ruta guiada polos petróglifos de Baroña e máis unha ruta cabalar polo monte de Baroña.
Ambas as dúas propostas teñen o obxectivo común de permitirnos redescubrir Baroña “dunha maneira diferente” e “da man dalgunhas das persoas que mellor coñecen a parroquia e a súa contorna”: as e os integrantes da Comunidade de Montes de Baroña.

Rutas guiadas polos petróglifos de Baroña
(29 de XULLO / 12 e 25 de AGOSTO / 8 de SETEMBRO)
Comunidade de Montes de Baroña
Información: 679156855.
Ruta cabalar monte de Baroña
(30 de XULLO)
Ás 10:00h, xuntanza no Curro da Enxa
Inscrición obrigatoria / PRAZAS LIMITADAS: 679156855




