Os ladróns saquean as igrexas de Boiro, cun botín que supera os 100.000 euros

26 Xullo 2023

As igrexas de Bealo e Macenda foron as últimas en sufrir o saqueo duns vándalos que tamén tentaron, aínda que sen éxito, acceder a outros centros relixiosos en Abanqueiro, Cabo de Cruz e O Castro. Nas dúas primeiras, os danos son cuantiosos, ao subtraer un cáliz e unha dobre coroa da talla dunha virxe. As investigacións continúan para dar coa identidade dos ladróns que, nas últimas semanas, puxeron en albas aos fregueses destas parroquias.

O valor histórico é incalculable: a dobre coroa, de perlas, é do século VIII. O párroco, Marcelino Barros, explicaba nunha entrevista para ‘La Voz de Galicia’ que el mesmo levara a limpar a reliquia hai anos a Santiago de Compostela e que alí lle confirmaron que tiña moito valor: “Calculárona en 50.000 euros”.

Os individuos rebentaron a porta principal para acceder ao interior. É deste punto, precisamente, de onde a Garda Civil está a tratar de obter pegadas para a súa análise e identificación.

O mesmo párroco, ante a gravidade da situación, exporá aos fieis a instalación de cámaras tanto no interior como no exterior do templo, xa que non é a primeira vez que algo así ocorre. Noutra ocasión, os ladróns levaron tres tallas de incalculable valor.

Outro templo próximo, localizado na parroquia de Bealo do mesmo concello, tamén foi obxectivo dos delincuentes. Segundo relatou o seu sacerdote, Juan Carlos Martínez, accederon á sancristía a través dunha xanela para subtraer un rosario e unha cadea de ouro.

A lista de roubos e ataques a igrexas en Boiro é cada vez máis ampla. Hai unhas semanas, na parroquia de San Cristovo de Abanqueiro, os ladróns trataron de forzar unha fechadura, sen éxito. Con todo, si levaron o combustible da máquina que unha artista estaba a utilizar para elaborar un mural na fachada do centro social.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.