A Fieiteira inclúe dúas xornadas de portas abertas e cinco masterclass neste Nadal

18 Decembro 2019

Con motivo do Nadal, o complexo deportivo da Fieiteira organiza unha serie de actividades especiais, incluíndo tanto xornadas de portas abertas a toda a cidadanía coma masterclass de zumba, ioga ou bike destinadas aos usuarios das instalacións; ademais doutros eventos.

Neste senso, os días 24 a 31 de decembro, en horario de 07.00 a 14.00 horas, desenvolveranse sendas xornadas de portas abertas nas que se poderán utilizar as instalacións do complexo de maneira gratuíta sen necesidade de ser usuario.

Ademais, celebraranse outras accións, previa inscrición nos listados dispoñibles no complexo: Masterclass Especial Zumba o 26 de decembro, de 21.00 a 22.00 horas, no polideportivo; Masterclass Especial Zumba +60 o 3 de xaneiro, de 11.00 a 12.00 horas, no polideportivo e dirixido a persoas maiores; Especial Bike o 27 de decembro, de 09.15 a 10.15 horas; Especial Bike + Circuit o 3 de xaneiro, de 09.15 a 10.45 horas, clase de bike intercalada cun circuit de tonificación na sala de bike e no polideportivo; e Masterclass Especial Ioga o 27 de decembro, de 11.00 a 12.00 horas, na sala do ximnasio.

Por outra banda, os días 23, 26, 27 e 30 de decembro, así como o 2 e 3 de xaneiro, haberá un servizo de ludoteca para persoas usuarias do complexo, polo que poderán deixar aos seus fillos -con idades comprendidas entre os 4 e 10 anos-, mentres practican actividade física nas instalacións.

Así mesmo, desde a Concellería de Deportes prográmanse para estas datas outras actividades fóra das instalacións coma clases gratuítas de pádel, o BTT de Nadal, o clásico torneo de tenis, campionatos de xadrez de Nadal e Reis e outras novidosas iniciativas.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.