O Concello de Boiro continúa o seu programa de Compostaxe Doméstica coa entrega de 180 novos composteiros

26 Xullo 2023

O Concello de Boiro continúa a promover os hábitos sustentábeis en materia de refugallos cunha nova edición do programa de Compostaxe Doméstica, para o que se abre un novo prazo de solicitude para 180 novos colectores. O programa desenvolvese ao abeiro das axudas a entidades locais para o financiamento de actuacións en materia de biorresiduos. Comezou a desenvolverse no ano 2019 e, dende os inicios, entregáronse xa máis de 200 composteiros en vivendas unifamiliares de todo o municipio. Ademais da entrega de colectores realizase unha formación para explicar ás persoas usuarias para un uso correcto e un seguimento durante un ano.

Fontes do Concello explican que os datos extraídos do seguimento do programa de compostaxe recollen que o emprego de composteiros supón un aforro na xestión de entre 600 e 800 litros. “A maior parte dos restos que se depositan no composteiro son materia sobrante da cociña e segaduras da horta”, engádese.

Esta nova adquisición de composteiros lévase a cabo mediante unha subvención da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para o financiamento de actuación en materia de biorresiduos de competencia municipal e que están cofinanciadas pola Unión Europea-Next generation UE.

Deste xeito, calquera veciño do termo municipal que resida nunha vivenda unifamiliar do municipio ou que dispoña dunha horta con cultivo pode facer a solicitude dun composteiro no departamento de Medio Ambiente do Concello de Boiro de xeito presencial, mediante o enderezo electrónico medioambiente@boiro.org ou o teléfono 981 377 585.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...