Solucionado o asulagamento da Praza de España en Ribeira

18 Decembro 2019

A ribeirense Praza de España —a máis ampla da cidade de Santa Uxía— viña rexistrando frecuentes problemas de asolagamento. O Concello de Riveira vén de efectuar unha actuación en profundidade coa fin de buscar unha solución definitiva. Tal intervención consistiu na desmontaxe de toda a rede de drenaxe de augas pluviais para realizar unha limpeza a fondo dos tubos que a compoñen. De resultas deste labor apareceron no seu interior materiais impropios (de obra, especialmente, como por exemplo restos de morteiro) nesta clase de canalizacións. Unha vez reinstalado o sistema, de momento está a responder ben á actuación emprendida e non se están producir episodios de enchoupamento pese ás altas precipitacións caídas esta semana.

Prada de España en Ribeira

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.