Rianxo volve ser un referente en iluminación creativa coa nova edición do Festival da Lúa

23 Xullo 2023

O Festival da Lúa celebrarase en Rianxo os días 28 e 29 de xullo (venres e sábado). Trátase dunha iniciativa que combina diferentes disciplinas artísticas e iluminación en espazos e edificios do municipio e que está organizada polo Concello coa colaboración de SnellvanRoyen, a Mancomunidade de Municipios Barbanza Arousa, a Escola de Música de Rianxo, a Escola de Danza Oitos e Fotos de Rianxo. As actividades previstas desenvolveranse nas dúas ditas xornadas a partir das 22.00 horas.

O Festival da Lúa é un certame que busca novos, alternativos e innovadores xeitos de achegarnos á cultura (arte, historia, patrimonio, sociedade, etc) a través das técnicas e das tecnoloxías lumínicas máis avanzadas, presentes en diversos e emblemáticos puntos do vila e a súa contorna. O obxectivo da experiencia de dúas xornadas, en horario nocturno, é converter Rianxo “nun referente turístico, cultural e tecnolóxico”, ao tempo que se ofrece “un distinto de percorrer o concello”.

Na primeira edición, baixo o lema Alumeando letras, proporcionouse unha perspectiva do valioso patrimonio literario do concello a través de intervencións artísticas baseadas na luz e no son. As obras de iluminación artística desenvolvéronse en diferentes edificios e lugares da vila (Casa Museo de Manuel Antonio, Casa Museo de Rafael Dieste, Casa de Castelao, Pazo de Martelo, Peirao de Setefogas, etc).


Outros artigos

Porto do Son celebra as Letras Galegas con música tradicional

O Concello de Porto do Son vai celebrar con música tradicional o Día das Letras Galegas, este 17 de maio, adicado á poeta coruñesa Luísa Villalta. Así, ademais das mancheas de actividades conmemorativas que se están a desenvolver estes días nos centros educativos do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Nun dezasete de maio…” – Manuel Domínguez

“Nun dezasete de maio…” – Manuel Domínguez

No dia 17 de maio de 2019 veu a este mundo, não sei se era menino ou menina, uma vida muito especial, uma vida que nos incentiva a viver, a lembrar, uma vida que mantém a esperança de um projeto vivo. Já são 5 anos, no mundo da informação, dia a dia, onde a notícia é...

“Que non veña un inverno duro!”. Antón Luaces

“Que non veña un inverno duro!”. Antón Luaces

Van aló máis de quince anos desque a Xunta, a través da consellería do Mar (antes, de Pesca) contempla o pasar do tempo mentras os mariscadores sachan, sementan e fan cálculos sobre as perdas económicas que supoñen os vertidos dos encoros e a carencia dunha política...