Xoves literario en Boiro

18 Decembro 2019

Dúas actividades converterán a literatura en gran protagonista durante a xornada do xoves 19 no municipio boirense. A primeira das citas celebrarase na Biblioteca municipal, ás 18.30 horas, consistindo nunha xuntanza do club de lectura cun encontro co escritor Héctor Cajaraville, autor de Once portas, unha novela a cabalo entre o histórico e o fantástico, unha viaxe a través dos episodios sobranceiros da historia compostelá e unha homenaxe á cidade de Santiago a través dos seus símbolos máis universais.

Por outra banda, o Centro Social de Boiro será escenario, ás 19.30 horas, da presentación do libro Nunca sabes a dónde te lleva la vida, de Michael Künstler. Trátase dunha autobiografía que narra a historia dunha persoa que logrou saír dunha adicción.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.