Os representantes dos traballadores e da empresa concesionaria do servizo URBASER, chegaron a un preacordo que permite retomalas negociacións. O preacordo chegouse in extremis o ao redor das sete da mañá, acordando unha suba salarial do 2 por certo e unha paga non consolidada de 600 euros fronte á proposta inicial de un 1 por cento e unha paga de 400 euros que ofrecía a empresa.
Desaparece deste xeito o risco de folga que afectaría de xeito grave á recolleita de lixo nunhas datas como as da festa da dorna que incrementa considerablemente a poboación.
Desde o concello o alcalde, Luís Pérez Barral, declarou que o Goberno local se amosa moi contento que tanto desde a patronal coma dos sindicatos se chegara a un acordo para o que fixo de mediación o propio goberno local.




