Os Bombeiros de Ribeira axudaron a trasladalo ata a ambulancia que se desprazou ata o punto.
Un particular informou ao 112 Galicia minutos antes das 19 horas: un operario que traballaba nunha obra do lugar da Crocha Poñente, en Posmarcos, acababa de resultar ferido ao envorcar a máquina que estaba a manexar. Desde o primeiro momento permaneceu liberado e accesible, pero precisaba asistencia sanitaria.
Decontado, os xestores do 112 Galicia solicitaron a colaboración de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Ribeira, da Garda Civil e da Policía Local da Pobra do Caramiñal.
Os Bombeiros axudaron a evacuar ao ferido ata a ambulancia, tralo que procederon coa limpeza do combustible que quedou esparexido pola estrada.




