“Votar por correo” – Xulio Xiz

19 Xullo 2023

Chégame a propaganda electoral cando xa hai varios días que votei. É a primeira vez que voto por correo, nun sistema que funciona á perfección, non sendo frío ou distante, senón en loor de multitude porque ninguén agardaba esta convocatoria cando medio país anda itinerante. E se habitualmente as oficinas de Correos teñen traballo abondo e as colas son habituais, estes días acumúlaselles o labor.

Quen queira votar por correo recibe unha papeleta cos aspirantes a senadores, papeletas das forzas concorrentes, e cadanseu sobre para meter, xunto coa certificación do padrón que nos mandan, nun sobre dirixido á presidencia da nosa mesa. Entregado en Correos – acreditando a personalidade – envíano e entrégannos o xustificante de votación, quedando liberados do maremagnun da campaña electoral.

Coa estrita organización do voto por correo non hai lugar a dúbidas, pois dubidar do mecanismo é dubidar do sistema do que formamos parte. En tempos, no primeiro postfranquismo, soubemos que a Correos en Lugo acudía a diario un censor que abría as cartas destinadas a determinadas persoas para investigar o seu contido, e xa que o tema nos superaba tivo que vir a Lugo un xornalista coruñés para denunciar os feitos e cortar a violación das cartas, daquela habitual e hoxe delictiva.

Unha xornada electoral é a máxima expresión de liberdade, e temos que confiar en que os votos – físicos, por correo ou electrónicos cando se implanten -, son inalterables. Temos que confiar no sistema porque é o mellor dos coñecidos. E os que temos vivido noutros sistemas podemos acreditalo.

Outros artigos

¿El mundo se ha vuelto idiota?. José Antonio Constenla

Antes de que la palabra idiota fuera un insulto y la RAE en su diccionario ladefiniera como tonto, corto de entendimiento o falto de instrucción, los antiguosgriegos la usaban para referirse a los que no se ocupaban de los asuntospúblicos y se dedicaban en exclusiva a...

+

“El IES Díaz Castro de Guitiriz”. Joisé Castro López

James Botkin, coautor de “Aprender, horizonte sin límites” (Informe al Club de Roma,1979) contrapone el "aprendizaje de mantenimiento" que enseña a los escolares aenfrentarse a situaciones conocidas, al "aprendizaje innovador", que transmiteconocimientos y...

+

“Arcilla, no fango”. Alberto Barciela

La vida es un acto individual que hemos de compartir necesariamente si queremos otorgarle sentido, una lógica. Seguir en soledad sería retroceder, asumir una vida sin sentido, sin convivencia, sin participación. Lo sensato es encontrar un hueco en la zona de consenso....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Fóra de tempo” – Manuel Domínguez

“Fóra de tempo” – Manuel Domínguez

Un estudo filosófico da atemporalidade Samuel Baron, Kristie Miller e Jonathan Tallant Ten habido moito debate sobre como é o tempo, pero non sobre se existe. O obxectivo deste libro é facer pensable a ausencia do tempo. Poida que o tempo non exista. Pois por esta...