“Dereito á defensa pacífica da protesta e dos dereitos humanos” – Antón Luaces

18 Xullo 2023

Como cidadán teño exercido en moitas ocasións o que entendo como dereito inalienable do individuo á defensa pacífica do seu dereito á protesta e defensa dos dereitos humanos. Outro tanto teño feito na miña condición de xornalista e, como tal, admito que outros compañeiros non concorden coas miñas teimas. Mais non teño dúbida algunha á hora de amosar ese desacordo sempre desde a educación e a comprensión, partindo do feito de que non todos pensamos o mesmo ou nos expresamos desde a formulación dunha idea que non  debe ser imposta, que é o que dimana da Lei Mordaza.  

Esta Lei de Seguridade Cidadá xa ten unha vixencia de oito anos. Un tempo no que organizacións, activistas e xornalistas -como lembra Amnistía Internacional- “recibiron  multas e sancións por exercer pacificamente o seu dereito á protesta e defender os dereitos humanos”.

  Ao longo dese tempo houbo actuacións ilegais de axentes das forzas de seguridade que, afirma tamén Amnistía Internacional, “quedaron impunes”, manifestacións sancionadas, identificación e rexistros arbitrarios a manifestantes e un uso excesivo e desproporcionado da forza por parte da policía. Todo acubillado na Lei de Seguridade Cidadá ou Lei Mordaza que autoriza realizar cacheos á forza, e dicir, aínda que o afectado manifestara a súa vontade  en contra 

Os dereitos humanos non se tocan. É a resposta clara e contundente a toda esta formulación contraria a eses dereitos inherentes ao país que moitos -non todos, parece- queremos . Desexamos un país no que nada disto aconteza, onde o dereito á protesta estea garantido e no que os partidos políticos -goberne quen goberne- protexan o noso dereito a protestar pacificamente  e se comprometan a reafirmar a Lei Mordaza.

Unha Lei da que España pode e debe prescindir. Ou non?.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...