O Concello de Porto de Son redobrou esforzos este verán pola mellora de infraestruturas, accesos e servizos, facendo fincapé nos núcleos pequenos de poboación e nos seus areais.

Neste mes de xullo actuouse en zonas como Queiro, A Aguieira, A Pedra do Lobo e Torón (acondicionando accesos en todos estes núcleos de poboación)

Tamén se traballou en Miñortos, favorecendo a accesibilidade e a mobilidade.

Asemade, actuouse nas contornas costeiras das praias do Dique, Areas Longas, Boca do Río e Nadelas (onde os operarios melloraron os accesos para desfrute dos residentes e os visitantes)

Por outra banda, nos areais de Ornanda, Xuño, Seráns e Fonforrón traballouse na posta a punto das pasarelas e varandas.




