Avanzan as obras para a execución de beirarrúas no lugar de Ponte Goiáns

14 Xullo 2023

O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, visitou as obras que o Concello está a acometer nun treito da AC-305 ao seu paso polo lugar de Ponte Goiáns e co obxectivo de coñecer o estado no que se atopan os traballos despregados. As actuacións están financiadas pola Deputación da Coruña mediante o Plan Único Concellos (POS+2022).

As obras que se están a realizar contemplan dúas actuacións en ambas marxes da estrada. Por unha banda realízase a continuidade da beirarrúas existente na beira sur da estrada, un tramo de 172 metros, e pola outra a restauración da beirarrúa existente no outra marxe da vía.

O Concello explica que a beirarrúa existente contaba cun estado de deterioro moi avanzado, polo que se levou a cabo a restauración dun tramo de 1,06 quilómetros que transcorre polo lugar de Ponte Goiáns.

O alcalde explicou que a solución adoptada escollida é con acabado en pavimento de formigón continuo semi-rugoso que “conta cunha maior durabilidade e que vai solucionar os actuais problemas de circulación dos viandantes”. As obras, que están financiadas mediante o POS+2022 da Deputación da Coruña, son dun importe de 106.525,87 euros.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.