“Tía Manuela: Se chove, que chova”. Luís Celeiro

13 Xullo 2023

En Galicia, este é tempo de verán, de festa e de traballo, tempo quente ou fresco, segundo cadaquén queira ou viva. En Ourense non. Nesa grande cidade, de familiares e amigos, de arte, de humildade e monumentalidade, a calor non responde ao que se pide. Quenta sobre o acalorado e nace a auga fervendo en cada unha das esquinas e na fonte do medio de calquera das prazas.
En Ourense, en calquera tempo, ferven As Burgas, esas fontes termais que a súa auga cura as doenzas da xente na pel, na cabeza e na alma. Moitos non creen na dor da alma, pero ninguén dubida da acordanza dos seus lamentos e das choradas significadas, aínda que fosen caladas. As Burgas son un dos espazos máis queridos, máis simbólicos e emblemáticos de cidade de Ourense, son como o falar das súas orixes, o falar doutros tempos.
Os amigos labradores da Galicia rural e os pescadores mariñeiros na mar que nos rodea saían á porta da casa, escoitaban o silencio, miraban para a ceo e vían o romper da madrugada. A dirección do vento, a claridade da noite, o movemento e a forma das nubes eran indicativos claros para saber se vai ou non vai chover. En cada lugar e en cada punto, o costume e a experiencia ditaminaban sen equivocación.
Agora, a ciencia e a informática son algo máis precisas. Aquelas persoas que están ao mando das estacións meteorolóxicos din canto, cando e onde vai chover e, normalmente, acertan.
Cada ano Meteogalicia, organismo encargado da observación e predición meteorolóxica, elabora un informe do que aconteceu na nosa terra en referencia á climatoloxía. Ninguén mira pola fiestra do cuarto e todos os que traballan aquí, recollen, interpretan e explican os datos obtidos cientificamente.
Estes datos seguen dándolle certeza a aquel dito popular de que “nunca choveu que non escampara” e advirten das variacións climáticas que se producen nas distintas comarcas. En 2022, os meses con máis humedén en Galicia foron marzo, novembro e decembro. E onde máis choveu foi en Lousame, Santa Comba, Val do Dubra e Zas, na provincia de A Coruña; en Fornelos de Montes, Cuntis, Poio, Tui e Forcarei, en Pontevedra. Os lugares con menos choiva sitúanse nas provincias de Ourense e Lugo, entre eles, Larouco, Carballeda de Valdeorras, Vilamartín de Valdeorras, Ribas de Sil e Foz.
Pois, adiante! “Se chove, que chova”.

Outros artigos

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

+

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

+

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.