Esta fin de semana vén cargadiña de festexos da nosa comarca. Pola banda de Porto do Son non podemos deixar de apuntar na nosa axenda as Festas do Carme de Baroña, que se celebran do venres 14 ao domingo 16 de xullo. Haberá actividades musicais e lúdicos para todas as idades e tendencias. Actuarán Os Pequenos do Barbanza (o venres 14), Canlebó de Camboño e o grupo Fusión Latina e Chocolate Disco Móvil & RAdio AF (o sábado 15) e Os Salgueiriños e máis Leite con Jalletas (o domingo 16).




