Xosé Merelles mantén unha xuntanza co director da Fundación Catedral o pobrense, Daniel Lorenzo

12 Xullo 2023

O director e o xerente de Turismo de Galicia, Xosé Merelles e Antonio Casas, mantiveron esta tarde unha xuntanza co director da Fundación Catedral, Daniel Lorenzo, para coñecer de primeira man o funcionamento da Oficina de Acollida ao Peregrino

Xosé Merelles destacou a importancia deste recinto, onde día tras día, centos de persoas recollen a Compostela, certificando a realización do Camiño para os que realizan máis de 100km a pé ou máis de 200 en bicicleta ou a cabalo, sendo o termómetro do Camiño de Santiago.

A Oficina de Acollida ao Peregrino proporciona servizos de atención, información turística e cultural, sendo un espazo de encontro para os que completan a peregrinación. Tal e como indicou o director de Turismo, son os encargados de recompilar toda a información dos peregrinos que chegan a Santiago, de aí a importancia e relevancia do traballo que levan a cabo.

Merelles destacou o bo ritmo de chegada e avanzou que no día de hoxe chegou a Santiago o peregrino 200.000. Segundo os datos que ofrece a web da Fundación Catedral, neste 2023 hai un incremento do 14 % no número de peregrinos en comparación con 2022. Destaca o incremento de peregrinos internacionais procedentes de Corea, Estados Unidos e Australia.

O director e o xerente de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles e Antonio Casas, respectivamente, mantiveron unha xuntanza co director da Fundación Catedral de Santiago, Daniel Lorenzo. foto xoán crespo

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.