José Manuel Caamaño López e Soledad Agra Tuñas representantes da comarca na Deputación

10 Xullo 2023

O Partido Popular deu a coñecer o nome da persoa que representará á comarca na nova corporación da Deputación coruñesa: será José Manuel Caamaño López, que o pasado venres tomou posesión como novo concelleiro en Mazaricos, un concello onde se estreou como cabeza de lista estas eleccións municipais en substitución de Sergio Noya Rodríguez. Como primeira suplente da lista que o PP elaborou para ter representación no goberno provincial está a ribeirense María José Sampedro, seguida da noiesa Laura Salgado e da muradá Inés Monteagudo.

Natural a paroquia de Arcos en Mazaricos, Caamaño López é doutor en Teoloxía pola Universidade Pontificia de Comillas, onde é profesor titular desde hai 16 anos. Director da Cátedra de Ciencia, Tecnoloxía e Relixión do ICAI nese mesmo organismo, onde tamén desempeñou diferentes cargos de xestión e dirección, así como realizado diferentes estancias de investigación en varios países.

Caamaño vén sumarse á de Soledad Agra Tuñas, que será a outra representante da comarca na Deputación polo BNG. Agra concorreu ás eleccións do 28M como número dous da candidatura nacionalista de Outes, e é desde finais do 2021 a responsable comarcal do Bloque en Muros-Noia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.