“Quen teme á liberdade?. Antón Luaces

08 Xullo 2023

Doutra volta soan tambores de medo á liberdade de expresión. Outra vez as conciencias insáns, removidas por un pasado non moi lonxano, resucitan os vellos medos á liberdade de opinión e demandan a aplicación de medidas xudiciais contra aqueles que, ao acubillo desa liberdade -os xornalistas, por exemplo- din alto e claro aquilo que non é do agrado dos que gobernan grazas a un voto delegado polo pobo, que caduca aos catro anos de emitido este.
Canto tardarán en resucitar aqueles abraiantes Tribunais da Orde Pública (TOP), que tanto ocupou á xente da comunicación da miña xeración?.
Son un dos afectados por ese tipo de medidas: por interpretar “La barca sin pescador”, de Alejandro Casona, prohibida pola censura franquista e que só poidemos representar en dúas ocasións cando o previsto era, como mínimo, unha decena de actuacións pola comarca do Barbanza (só en Ribeira e Noia poidemos facelo). E tres veces viraron cara a min as olladas dos censores franquistas polos meus traballos xornalísticos desde un medio de comunicación público (o máis grave di asunto). Sei, polo tanto do que falo porque o vivín en carnes propia. Agora, en distintos lugares de España acoden as autoridades a subterfuxios xa empregados neste noso país para prohibir o que a súa conciencia non admite. Xa non se leva no caderno de anotacións o nil obstant. Bótanlle a culpa á carencia de orzamentos para non permitir concertos, representacións teatrais e accións semellantes. Pero o pior de todo é que, por un erro, desde organizacións políticas que sempre defenderon -mesmo desde a máis acendrada oposición- esas liberdades que digo estamos a perder- se propoñan medidas que “sancionen?” a xornalistas que, tal vez, se deixaron levar por interpretacións erradas. Estas son cousas que deberían dictaminar tribunais de Xustiza, non tribunos políticos. Seguiremos a ter necesidade de persoas preparadas para o recurtamento de liberdades e botar néboa riba da paisaxe que coidabamos libre e señora de sí?.
Qué vento de non liberdade se nos veu enriba de repente, quen ten medo á liberdade cando xa Virginia Wolf baixou de cabalo, a quen revolve as tripas da integridade sermos libres?.
Non temos remedio, non damos chegado á terra onde agroma a cultura, o coñecemento, a liberdade. Non abondou con todo o que xa perdemos no camiño percorrido baixo as ameazas e o medo a tribunais especializados na represión?.
Gostaría de saber que non estou a revivir vieiros xa percorridos nos que valía máis a acusación dos que vivían a carón do poder que o dereito a ser libre nun país que non quere renunciar a este feito. Ou estarei trabucado ao coidar que a maioría dos concidadáns pisan as mesmas rúas que eu, que nós, pisamos.
Non repitamos aquelas nefandas experiencias. Por favor. Xa abondou.

Outros artigos

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

+

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

O Goberno Vasco vén de mercar ao fondo de investimento Blackstone unhas 510 vivendas con destino a alugueiros sociais para familias vulnerables. Estas noticias son as que realmente contribúen ao cumprimento do Dereito á Vivenda, recollido no artigo 47 da Constitución...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.