Centos de persoas mobilízanse na mina de San Finx en defensa da ría de Muros e Noia

08 Xullo 2023


–A xornada de protesta na propia mina incluíu un enterro simbólico dos productos da ría, unha degustación e un concerto


Máis de 300 persoas mobilizáronse esta mañá na propia da mina de San Finx de Lousame en defensa da ría de Muros e Noia, e contra os verquidos que ameazan ao sector do mar polo seu impacto catastrófico.
“Amosamos unha vez máis a nosa oposición absoluta a que se poña en risco o futuro da ría e dos millleiros de empregos que xera, non imos deixar que os verquidos saian adiante”, asegurou Joám Evans, portavoz da Plataforma de afectados pola mina de San Finx.
Pola súa banda, Santiago Cruz, patrón maior da Cofradía de Noia, agradeceu o compromiso de todos os que acudiron á concentración de hoxe, ao tempo que instou á Xunta a que mude as súas políticas medioambientais “porque son un fracaso, os ríos e as rías están morrendo pouco a pouco”. “Non entendemos como a Xunta está en contra dos pobos mariñeiros e permiten este dano medioambiental irreparable”, engadiu.


Isaac Gaciño, patrón maior da Cofradía de Portosín, incidiu na firme oposición “a non permitir ningún tipo de toxicidade na nosa ría”. “Son moitos postos de traballo, moitas familias as que viven dela e a loita non para aquí. Son 40.000 os postos de traballo directos e indirectos os que están en xogo e non podemos
permitir que a calidade dos nosos produtos sexa contaminada”, subliñou.
Rogelio Santos Queiruga, viceportavoz da Plataforma de afectados pola mina de San Finx, reflexionou sobre “a importancia de coidar as nosas rías se despois queremos unha boa alimentación para a sociedade”.
A Plataforma comarcal contra os verquidos, encabezada polas cofradías de pesacadores, demanda que “a Xunta revoque a autorización concedida á mineira australiana a comezos do ano, logo de que ademais se incumprise o condicionante de ter finalizadas as obras en catro meses”.
A protesta incluíu un enterro simbólico dos productos da ría coa compañía de teatro ‘Os Quinquilláns’, un concerto do grupo musical Barahúnda e unha degustación de productos da ría ofrecida pola Cofradía de Noia, que avisa de que “podería ser a última se se permite que os vertidos de San Finx acaben por realizarse”.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.