O ribeirense Fidel Vidal presenta este venres o seu libro Á sombra da cinza

17 Decembro 2019
O escritor e psiquiatra Fidel Vidal nunha imaxe da Galipedia de Eduardo Castro Bal

A Asociación Cultural Barbantia, Medulia Editorial, La Voz de Galicia e o Concello de Ribeira van organizar antes do remate do ano un novo encontro arredor das nosas letras e o lume creativo, sempre vivo, das autoras e autores da nosa comarca. Estamos a falar da saída do prelo do número 150 de A Voz de Barbantia (Medulia), que se presenta en Ribeira este venres 20 ás 20.30 horas no Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira. Amais disto, o outro prato forte da cita deste venres será a presentación de Á sombra da cinza, do escritor ribeirense Fidel Vidal.

Contarase coa presenza de Encarga Pego, membro de Barbantia, Xulio L. Varcálcel, poeta e narrador, Antón Riveiro Coello, escritor e membro de Barbantia e Manuel Ruíz, alcalde de Ribeira.

Respecto de Á sombra da cinza, vén da man do escritor e psiquiatra ribeirense Fidel Vidal, e trátase dun ensaio sobre o local (o máis noso), o íntimo, o cotián, por unha banda, e o universal, pola outra, e de que maneiras acaídas podemos facer confluír estes conceptos, a través (por exemplo) da poesía. O libro, que inclúe ilustracións realizadas polo propio autor, é un convite a viaxar pola nosa alma na procura do entendemento e a comprensión.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.