Ábrese o prazo de inscrición para participar nun novo curso de escritura creativa
impartido polo escritor e profesor Xabier López Marqués. A condición única para participar no curso é ter máis de 16 anos.
Para facer a inscrición envíen, por favor, un correo electrónico a normalizacion@ribeira.gal co seu nome e apelidos e teléfono de contacto. Contestaráselles confirmando a reserva de praza.
Actividade: Curso de escritura creativa 2023
Director e docente: Xabier López Marqués
Datas: luns e mércores de xullo e agosto (data de comezo: 17 de xullo)
Horario: de 10.00 a 12.00 h.
Lugar: Salón de actos. Centro Cultural Lustres Rivas. R/ Manuel Lustres Rivas, nº
20, 2º. 15960 Ribeira
Dirixido a: persoas maiores de 16 anos
Inscrición: normalizacion@ribeira.gal




