“Tía Manuel: Atender á xente”. Luís Celeiro

06 Xullo 2023

Se hai combustible e osíxeno, unha chispa, por pequena que sexa, acende o lume, abre a porta ao inferno, como o que poido abrasar e quedarse con eses homes do mar, que navegaban e pescaban tranquilamente, no medio da incerteza, no caladoiro do Gran Sol, a onde van cos seus aparellos os mariñeiros galegos, sabedores e coñecedores da dureza, da coraxe e bravura do mar cando se repón. Case sempre!
O patrón do Nuevo San Juan de Burela e os seus homes mariñeiros viron como saía lume do
pañol, como se incendiaba o barco todo el e como ardía a auga salgada daquel medio do
mar. Todos eles, con enorme denodo vestiron os traxes especias salvavidas, botáronse ás
balsas, pediron rescate e salváronse. Recolleunos outro buque galego que faenaba na zona,
o vigués Nuevo Confurco, e trasladounos ao porto irlandés de Castletownbere.
Os galegos sabemos ben da dureza e da tristura dos incendios. Arrasaron os montes, os
bosques, as restrebas; queimáronlle os folgos á xente labrega, fixeron cinza da terra e
marcaron con pegadas indelebles o paso da riqueza á miseria e da beleza verde e florida ao
gran montón de leña queimada, que aínda fumega. Probablemente sexan os incendios un
dos máis grandes desastres naturais cos que se atopa a humanidade.
O lume é devastador para o medio ambiente e para a vida. Os expertos e a estatística din
que cando se produce nun barco, na maioría das ocasión, lévao integramente consigo. Onde
máis barcos arden é nos portos. Se prende nun, o incendio pode propagase ata queimar a
todos os do mesmo peirao. Aí está, o lume, a pesar da súa amorosidade e harmonía, ten
poder destrutivo, para destruílo todo. Por pequeno que sexa, queima moito, igual que o
incendio da palleira, da corte das vacas, da libraría ou da chaqueta pousada nunha cadeira
da cociña. E, como facían os homes avezados, que araban no mar e na terra, o lume hai que
apagalo antes de que acenda.
Os tripulantes do palangreiro queimado xa están en terra firma e serán a única fonte con
capacidade para aportar datos sobre a orixe do incendio. Que pasaría? A Comisión
Permanente de Investigación de Accidentes e Incidentes Marítimos, do Ministerio de
Transportes, Mobilidade y Axenda Urbana, ao seu paso lento, encargarase de elaborar o
informe e, mentres tanto, o armador, o patrón e os mariñeiros, coas feridas na alma,
situaranse, un detrás doutro, na cola do paro ou na listaxe de contratados fixos descontinuos.
A Tía Manuela, en nome de vostedes, amigas e amigos lectores, felicita a eses mariñeiros
vivos e dálles azos para seguir con forza na loita diaria pola vida, que -como a de todos os
traballadores- é unha loita constate que precisa e agradece a cooperación e a comprensión.
Tamén, ou de modo especial, das autoridades, que deben mirar directamente, escoitar as
reivindicacións, deixarse de anuncios e atender á xente.

Outros artigos

“José María Barreiro, 86 años de luz y amistad”. Alberto Barciela

Hoy cumple 86 años José María Barreiro, el pintor de la Galicia más colorista, un artista capaz de convertir la luz en emoción y de encontrar en los paisajes, en las gentes y en la vida motivos para crear belleza. Pero, por encima de su extraordinario talento, para mí...

+

“La violencia no cabe en A Coruña”. José Castro López

El poeta ourensano Alberto García Ferreiro, contemporáneo de Curros y Pondal, era unadmirador de A Coruña a la que dedicó el poema “Ben te vin” en el que resalta labelleza de la ciudad que pone a nivel del Paraíso celestial después de pedir a San Pedroque no escuche...

+

“Libros para salir al mundo” – José Antonio Constenla

Cuando un autor te deja tan buen recuerdo con sus obras anteriores, uno siempre está dispuesto a seguir leyéndolo. Esto es lo que me pasa a mí con Juan Pedro Delgado Espada, a quien sigo desde aquel Mosquetero del Rey. Ahora he vuelto a disfrutar mucho con sus dos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De tanto falar, equivócanse”. Luís Celeiro

“De tanto falar, equivócanse”. Luís Celeiro

Cando se pare, se se da o caso, os corredores pedestres non terán por onde andar, quedaransequietos, como enterrados no abismo. Mirarán para tódolos lados, acordaranse da importancia dosmovementos á dereita e á esquerda, e seguirán tesos alí na entrada da sima, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.