“Hai vida máis aló dos empresarios?. Antón Luaces

05 Xullo 2023

O circo dos empresarios puxo en pista os leóns das xubilacións, coa proposta de alongar a vida laboral ata entre os 70-72 anos dada a coñecer este mércores.
A xustificación?: Non hai cartos. A caixa das pensións toca fondo e a culpa é dos españoliños que nos anos 60 do século pasado atenderon as indicacións franquistas e puxeron marcha rápida a máquina de procrear. Naceu o baby boom e chegou o papel dos baby bumers, un asunto que só afecta, ao parecer, aos traballadores de a pé porque os empresarios do circo teñen expectativas moi distintas ás dis mariñeiros, canteiros, labradores, albaneis, mineiros, etc., etc.
Cando os pais dos que agora somos xubilados poideron retirarse ao cumprir os 65 anos, fomos moitos os que consideramos que Franco, por fin, fixera algo que, socialmente, tiña un valor apreciable. Pero alguén nos dixo que esa xubilación era unha xogada mestra dos tecnócratas franquistas: os traballadores cotizaban á Seguridade Social por un período de tempo que cadraba coas aportacións da empresa -pública, privada, autónomos, etc.- à mesma caixa (os autónomos, indirectamente). Chegados aos 65 anos, os traballadores tiñan dereito a unha pensión de xubilación de maior ou menor contía. Pero as condicións de vida non outorgaban, de certo, grandes expectativas de lonxevidade. Resultado: a inmensa maioría dos pais do noso tempo morrían antes dos 70 anos, co que a caixa das pensións non se resentía e o que saía desta para o pago das pensións compensábase de sobra coas cotizacións dos traballadores nacionais e as aportacións dos migrantes en Europa.
Dito doutro xeito: a caixa das pensións rebordaba. Sobraban.
Posteriormente foron fixándose novos e máis longos períodos de cotización, motivo polo que, ou adiantabas a idade de cotización ou prolongabas o teu tempo de traballo.
Ai mesmo tempo, o Estado asumía que había (e hai) profesións que, pola súa dureza ou condicións especiais, requerían dunha xubilación anticipada. Naceron os coeficientes reductores e mineiros, mariñeiros, militares, forzas da orde pública, etc , acollíanse ao dereito a xubilarse aos 60 anos ou antes.
Un pouco máis tarde foi admitida a denominada pre-xubilación, que concedía a determinadas empresas a posibilidad de xubilar mediante compensacións a traballadores con idade às veces inferior aos 50 anos.
A caixa das pensións resentíuse e houbo que facer aportacións extraordinarias que permitiran aos xubilados seguir cobrando mensualmente.
Desa mesma caixa común deriváronse as pensións de viuvidade, orfandade, etc., que nada tiñan que ver coa Seguridade Social pero ás que o Estado non soubo facer fronte doutro xeito. E a caixa valeiróuse, malia as aportacións de carácter extraordinario aprobadas por algún goberno.
E agora, o gran circo pon en pista aos malabaristas de ata 70 ou 72 anos como cotizantes. E xorde a protesta: unha persoa desa idade é normal que non poda desenvolver o seu traballo nas condicións debidas. A xubilación é o único que se entende, após case que 50 anos cotizados. E o problema non radica nas pensións, senon máis ben na entrada nas empresas de xente moza, de xoves sos que se lles pechan as portas.
O gran circo dos empresarios terá dura a derradeira verba?.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...