Atracado no porto irlandés de Castletownbere o buque que rescatou aos 15 tripulantes do palangreiro burelense “Nuevo San Juan”

03 Xullo 2023

Foto: Roberto G. L

Antón Luaces.- “Todos ben” e “tranquilos”. Así están os 15 tripulantes galegos, indonesios e suramericanos do palangreiro  de fondo “Nuevo San Juan”, con base en Burela (Lugo) que, onte, domingo, foi vítima dun incendio probablemente causado por un cortocircuito, se ben este estremo ainda  non foi ratificado polas autoridades marítimas e xudiciais irlandesas. Os 15 mariñeiros foron rescatados das dúas balsas salvavidas que ocupaban pouco antes de 8 de mañá do domingo e trasladados polo tamén pesqueiro galego, con base en Vigo, “Nuevo Confurco”,  ao porto irlandés de Castletownbere, ao que chegaron ás 7 desta mañá.

Aos poucos minutos de atracar no porto irlandés, os náufragos camiñaron polas instalacións portuarias para desentumecer as pernas nunha mañá grisenta, anubada e pouco grata. Agora permamecerán no citado porto irlandés a disposición das autoridades marítimas e xudiciais ante as que deben dar conta dos feitos acaecidos, mentres que o patrón do barco realizará a manifestación formal do acontecido no sinistro.

No momento de redactar esta crónica non pode aseverarse o afundimento do “Nuevo San Juan”, por canto cabe a posibiidade de que, estinguido o lume, o casco do buque permaneza ao garete.

O “Nuevo San Juan”, de 31,5 metros de eslora, é un palangreiro de fondo da frota de NEAFC adicado á captura de pescada do pincho en augas de Gran Sol e o Golfo de Biscaia.

reportaxe gràfica: Roberto G. L.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...