O BNG ribeirense destaca a inclusión de propostas súas no POS+2020

16 Decembro 2019
Cedida por BNG de Ribeira

O grupo municipal do BNG de Ribeira quíxose pronunciar respecto ao pleno extraordinario e urxente celebrado hoxe con motivo das actuacións a incluír no Plan Único da Deputación da Coruña, entre as cales se atopaban traballos en materia de pavimentación, saneamento, abastecemento, renovación do alumeado público e redución da débeda con entidades financeiras; razón pola cal, desde a formación nacionalista, entenden que moitas das obras supoñen melloras para a veciñanza.

O concelleiro Luís Pérez Barral argumentou que “o BNG non está en contra de ningunha das obras que se propoñen porque contribúen a mellorar servizos para a veciñanza pero si estamos en contra da actuación como goberno pola falta de diálogo e consenso á hora de escoller as actuacións.” Neste senso, o Bloque esixe maior diálogo e consenso para a escolla das obras a incluír neste plan da institución provincial, algo que lamentou Pérez Barral, “quero lembrarlles, por se ás veces o esquecen, que vostedes teñen 9 dos 21 membros da Corporación e non nos vale coa desculpa de metemos cousas que foron a pleno porque quizais as prioridades neste momento son outras.”

Os nacionalistas defenden a súa posición dicindo que fixeron propostas que non se inclúen no plan “coa desculpa do goberno de que non hai tempo para planificalo”,  cuestión que foi recriminada por Pérez Barral, “o goberno debería convocar aos grupos con antelación para poder dialogar en tempo e forma a culpa disto, é exclusiva súa e do seu equipo señor Ruiz.”

Deste xeito, o BNG optou por absterse e sinalaron que algunhas das obras demandas pola veciñanza foron defendidas polo seu grupo municipal, poñendo como exemplo a pavimentación no camiño da Gándara, en Artes, con 34.413’63 euros; ou na praza da Amarella, con 58.464’19 euros.

En canto á renovación do alumeado público nas rúas Lugo, Galicia e Rosalía de Castro, destinándose 57.499’20 euros, desde o Bloque manifestaron que esta cuestión implica mellorar a seguridade para os comercios e para as persoas que transiten de noite por elas, nomeadamente, mulleres “porque tamén nisto hai cuestión de xénero que hai que contemplar”, tal e como expuxo o edil nacionalista.

No que respecta á instalación da rede de saneamento con pozo de bombeo no lugar de Agrelo, en Olveira, con 194.823’52 euros, a formación nacionalista afirmou que se trataba dunha obra longamente demandada pola veciñanza da parroquia e criticaron a “nefasta planificación que ten o goberno, pois hai menos de 3 anos que se renovou o firme de toda a estrada.” Neste senso, preguntaron “por que non se contemplou a instalación do saneamento antes de proceder á renovación do asfalto e das beirarrúas? Agora volvemos ao de sempre, levantar o firme novo para poder meter o saneamento e isto é unha mala planificación que evidencia un mal uso dos fondos públicos.”

Por outra banda, o Bloque lamenta as declaracións feitas nesa sesión por parte do voceiro do PBBI, Vicente Mariño, ao considerar que a mensaxe “ten un transfondo machista”, polo que piden que rectifique e pida desculpas.

Outros artigos

Ribeira pon en valor o traballo das mulleres no mar

O Concello de Ribeira conmemorou o Día Internacional da Muller no Sector Marítimo rendendo unha homenaxe a tres mulleres extraordinarias que dedicaron as súas vidas a unha profesión fundamental para a nosa comunidade: o marisqueo. O concelleiro de Mar, Fernando...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Centro Empresarial da Construción” – José Manuel Pena

“Centro Empresarial da Construción” – José Manuel Pena

A construción, como o resto de actividades laborais, é fundamental para o crecemento económico e social de calquera sociedade. No ano 2003 naceu, na comarca do Barbanza, o Centro Empresarial da Construción, co obxectivo primordial de unir, defender e dignificar ao...

“Sociedades y relaciones liquidas”. José Antonio Constenla

“Sociedades y relaciones liquidas”. José Antonio Constenla

Nuestros abuelos se casaban y su matrimonio era de por vida. El tiempo deduración de las relaciones de nuestros padres superan con mucho lasnuestras. 7 de cada 10 matrimonios en España terminan en divorcio y duranpoco más de 16 años, Aun así, según el CIS nos encanta...