A salvo os 15 tripulantes do palangreiro Nuevo San Juan, con base en Vigo

02 Xullo 2023

Antón Luaces.- A primeiras horas da mañá deste luns. 3 de xullo, está prevista a chegada ao porto irlandés de Castletownbere do palangreiro de fondo “Nuevo San Juan”. Os 15 tripulantes deste pesqueiro con base en Burela foron rescatados polo tamén pesqueiro galego “Nuevo Confurco” das dúas balsas salvavidas que ocupaban  e nas que abandonaron o palangreiro a causa dun incendio declarado a bordo do mesmo arredor das 7 desta mañá.

Polo coñecido ata o de agora, a causa do incendio poido ser un cortocircuito. O lume provocado espallóuse con grande rapidez pola práctica totalidade das dependencias do palangreiro cuxo peixe obectivo era a pescada en augas de Gran Sol.

A súa tripulación foi rescatada san e salva ás nove da mañá deste domingo polo pesqueiro vigués “Nuevo Confurco” previo contacto do barco incendiado con Salvamento Marítimo  quen, ao atoparse o palangreiro en augas de responsabilidade SAR británicas, asumiu a responsabilidade do salvamento se ben este non chegou a facerse efectivo debido a que o “Nuevo Confurco”, que faenaba en augas próximas, actou con grande rapidez e profesionalidade. Este mesmo buque recuperou, as balsas salvavidas utilizadas polos mariñeiros do palangreiro burelense.

O “Nuevo San Juan”, devorado polas lapas afundiu rápidamente .

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“La transición y Carmen Díaz de Rivera” – Manuel Domínguez

“La transición y Carmen Díaz de Rivera” – Manuel Domínguez

La transición y Carmen Díaz de Rivera. 84 años de su nacimiento y 27 que nos dejo. Antes de hablar de la importancia de Carmen en relación a la transición, permítaseme, comenzar por el principio. Carmen tenía 17 años, quería oficializar su relación de noviazgo, con...