A Xunta inicia novos traballos de limpeza nas marxes da AC-549 ao seu paso por Noia

02 Xullo 2023

A Xunta iniciará esta semana novos traballos de limpeza nas marxes da estrada autonómica AC-549 ao paso polo concello de Noia. En paralelo, proseguirán tamén os traballos de roza e limpeza que se veñen realizando nas últimas semanas nas marxes doutras estradas autonómicas nas provincias galegas.

En concreto, proseguirán avanzando os labores en execución na vía de altas prestacións que une Monforte de Lemos co Alto do Faro (CG-2.1), ao paso polos municipios de Monforte de Lemos, Pantón e O Saviñao. No caso de Ourense, as tarefas continuaranse na estrada OU-801, que comunica os municipios de Padrenda e de Ribadavia.

Tamén proseguirán as actuacións nas marxes da autovía AG-51, no concello pontevedrés de Salvaterra de Miño; e na VG-4.6, que une Cangas e Bueu.

Control de biomasa

Estas intervencións forman parte do novo contrato coa empresa pública SEAGA para o control da biomasa das marxes das estradas autonómicas, que supón un investimento de preto de 3 M€ para os dous próximos anos.

As intervencións consisten no roce de vexetación na zona de dominio público das estradas autonómicas, así como no acondicionamento de zonas verdes en sendas peonís e glorietas, e a reposición ou reparación de elementos de valado perimetral das estradas.

Os obxectivos deste programa son previr o risco de lumes e contribuír ao reforzo da seguridade viaria mediante o aumento da visibilidade e as accións para facilitar o tránsito de peóns e ciclistas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.