O ximnasio da piscina municipal de Boiro duplicou o seu espazo

16 Decembro 2019

O Concello de Boiro realizou nas últimas semanas as actuacións de ampliación e mellora do ximnasio da piscina municipal co obxectivo de que puidese cumprir as necesidades dos usuarios. Neste senso, duplicouse o tamaño da instalación, pasando de 90 metros cadrados aos 202 actuais, ademais de executar a intervención con criterios de sustentabilidade ambiental e redución de consumos enerxéticos.

As obras supuxeron unha inversión de 81.000 euros, dos cales a Secretaría Xeral para o Deporte aportou en torno a 60.000 euros. A nova cimentación efectuouse cun sistema realizado a base de plásticos reciclados e a estrutura da cuberta componse de madeira laminada e rematada cun panel que permita o máximo illamento térmico co obxectivo de evitar que se acaden temperaturas moi altas no interior.

No que respecta á iluminación, a base de lámpadas tipo LED, preténdese reducir nun 60% o consumo. En canto ao novo sistema de renovación do aire, este suporá un aforro enerxético, xa que se empregará unha estrutura dinámica de renovación que permite unha calidade óptima do aire interior.

O espazo, que está a disposición dos usuarios desde o 5 de decembro, recibiu este mediodía a visita do alcalde de Boiro, José Ramón Romero; o concelleiro de Urbanismo e Obras, José Luiz Ruiz; o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete; e o arquitecto municipal, Emilio Piña.

O rexedor José Ramón Romero afirmou que esta intervención era unha demanda de moitos anos, polo que “con esta remodelación integral que supuxo este ximnasio, vén a  cubrir as demandas dos veciños de Boiro.” Así mesmo, salientou o emprego de materias procedentes de empresas españolas.

Pola súa parte, o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, reiterou o compromiso xeral do seu Departamento cos concellos e destacou a utilización de produtos reciclados no referido espazo. Neste senso, manifestou que “non só temos unha nova instalación para Boiro, necesaria e unha reclamación que se fixera hai tempo para que hoxe sexa unha realidade; senón que, ademais, nos alegramos moitísimo de que se tivese esta sensibilidade para facelo con material reciclable.”

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Que non veña un inverno duro!”. Antón Luaces

“Que non veña un inverno duro!”. Antón Luaces

Van aló máis de quince anos desque a Xunta, a través da consellería do Mar (antes, de Pesca) contempla o pasar do tempo mentras os mariscadores sachan, sementan e fan cálculos sobre as perdas económicas que supoñen os vertidos dos encoros e a carencia dunha política...

“Que non veña un inverno duro!”. Antón Luaces

“A Sanidade non se vende, a sanidade deféndese”. Antón Luaces

Pública e responsable. Así debe ser a Sanidade en España. Para esto, o Goberno derogará a lei aprobada por José María Aznar (a Lei 15/1997) que permitía o que, hoxe en día, está a acontecer: a privatización dun servizo público e universal que tanto custou e custa á...