Sete alumnos/pacientes da unidade de día do Servizo de Drogodependencias de Ribeira que asisten ao obradoiro de carpintería da UAD xa están instalados na illa de Sálvora coa fin de efectuar, como todos os anos polo verán, diversos traballos que ao tempo que poñen en valor este enclave situado no Parque Nacional das Illas Atlánticas, contribúe á integración social dos usuarios.

Así, guiados polo seu profesor de carpintería, Manuel Casais, están a restaurar o paseo de madeira que descorre cara á praia do Almacén, incluíndo a posta a punta da súa varanda. Ademais, tamén van contribuír á preservación dos valores naturais do territorio insular a través da recollida de refugallos nos seus areais.

A estadía prolongarase ata o vindeiro martes 4 de xullo. Pasadomañá, venres, está prevista unha visita a Sálvora de diversos representantes municipais ademais de membros do Obradoiro Tahume VIII, que ademais de encargarse de elaborar as comidas e cenas durante a súa permanencia na illa, prepararán unha paella para a ocasión.




