“Olga Louzao” – Xulio Xiz

28 Xuño 2023

O Cantar do Cid pon en boca dos burgaleses que contemplan o paso do Campeador: “Dios, qué buen vasallo, si tuviese buen Señor». Hoxe non hai vasalos nin señores, senón homes e mulleres libres que cando se dedican á política se poñen diante de nós para ser xulgados e, ao elixilos, comprobar que cumpren o que prometeron.

Quere o tópico que, nun naufraxio, sexan os ratos os que primeiro abandoan a nao, e o capitán, por responsabilide, o último. Penso en Olga Louzao e digo – actualizando a frase – que boa política resultaría ser se tivese un partido á súa medida!.

Hai que recoñecerlle a Olga – o meu trato con ela foi esporádico e circunstancial – a conciencia do lugar que ocupaba e a responsabilidade no exercicio da función, con permanente sorriso, con talante e talento, dialogando, mantendo o tipo, facendo oposición porque tocaba; atendendo os asuntos lucenses porque tocaba.

Falouse moito e ben do seu papel, a continuidade nas funcións, a firmeza de manterse nunha liña ideolóxica e de acción mentres todo ao arredor facía crise, e algúns dos seus iguais a escala nacional buscaban cómodo acomodo diante dun futuro imperfecto.

Olga Louzao mantívose no seu lugar ata o final e máis despois, deixou o concello para comprobar que hai vida despois da vida e confortoume saber que o día da constitución da nova corporación acudiu en familia ao festival O Son do Camiño, que seguro lle soou a música celestial despois de tanto bailar ao son doutras músicas. Diante da volta á vida normal e real dunha muller firme en pensamento e accións, quero desexarlle que, en política e fóra dela, “a vida lle vaia bonito”.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.