“Metanol verde para a navieira dinamarquesa Maersk, subministrado no porto exterior de Arteixo e máis en Algeciras”. Antón Luaces

27 Xuño 2023

A viaxe inaugural do primeiro buque da navieira Maersk -unha das máis importantes do mundo- en utilizar metanol verde podería producirse este verán e constitúe o primeiro paso que da a compañía dinamarquesa para descarbonizar a súa frota. Un plan que afectará a, polo menos, a cuarta parte da carga a transportar no ano 2030 usando combustible verde subministrado no Porto Exterior de Lagosteira (Arteixo) e no de Algeciras (Cádiz). O investimento realizado por Maersk para esta fin en España non é inferior aos 10.000 millóns de euros ata o citado ano 2030, cantidade na que se inclúe o custo da pranta que abastecerá de metanol verde a frota da empresa que move a maior parte dos portacontedores que transitan os mares do globo terrestre e que vai ter unha importante base de operacións en Galicia, un hub de hidróxeno e metanol que subministrará aos seus buques nun dos seus centros de produción: o situado en Punta Langosteira.

O metanol  verde a utilizar pola frota do xigante navieiro Maerks é un biocarburante que se considera o substituto do gasoil que empregan os cargueiros e base dos plans para descarbonizar os barcos das grandes compañías. Non se desbota a posibilidade de que o Goberno español entre como inversor estratéxico na empresa (que deberá dispor asimesmo de subministración eólica que xere a produción do metanol verde)  a través dos fondos europeos dada a proxección do biocombustible como principal alternativa dos de tipo fósil no sector marítimo.   

Dos 10.000 millóns de orzamento do proxecto, aproximadamente un 40% será destinado a producir hidróxeno verde e metanol. O 60% restante vai destinarse a producir enerxía renovable, necesaria para a produción dos primeiros.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.