Doce veciñas e veciños gradúanse na sede de Ribeira do IV Ciclo da USC

26 Xuño 2023

Doce estudantes sénior da nosa comarca convertéronse na primeira promoción do IV Ciclo da Universidade de Santiago dirixido a persoas maiores de 50 anos na súa sede en Ribeira.

Este luns 26 de xuño acudiron ao salón de plenos do Consistorio local para entregar ao Concello unha simbólica orla cos retratos dos doce graduados (once mulleres e un home), once dos cales pertencen a Ribeira e unha ao da Pobra do Caramiñal.

O alcalde en funcións, Manuel Ruiz, recibiu a entrega e felicitou aos estudantes, cuxa participación ratifica o acerto de abrir unha sede permanente da USC na cidade barbanzá no 2019 para permitir que a xente poida seguir formándose e aprendendo, ademais de ser un xeito de socializar.

As/os graduadas/os foron Justo Arevalillo, Juana Ermitas Crujeiras, Ángeles González, Mari Carmen González, María José Gude, Ramona P. Monteagudo, Teresa Paz, Cruz Rivadulla, Yolanda Rodríguez, Isabel Rodríguez, Elena Romero e Teresa Villalba.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.