Xabier López Marqués presenta o seu libro Os luídos do manancial no Auditorio Valle-Inclán da Pobra

26 Xuño 2023

A linguaxe como protagonista; unha poesía pura que se artella a través do propio sentido da palabra. Xabier López Marqués convida á reflexión en Os luídos do manancial empregando a auga como metáfora da creación e a lectura como toma de conciencia. O libro presentarase ao público no 30 de xuño, ás 20.30 horas, no Auditorio do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal da man da Concellaría da Cultura, da A. C. Barbantia e La Voz de Galicia.

Contará coas intervencións do propio autor; da concelleira da Cultura en funcións, Patricia Lojo; de Isabel Santos e Xesús Laíño en representación da referida entidade cultural; e do escritor Antonio Piñeiro.

A entrada é libre ata completar a cabida da instalación municipal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.