O Concello de Boiro e o grupo de voluntariado local Turbina festexan este mércores 28 de xuño o Día do Orgullo con actividades durante a tarde na céntrica praza de Galicia. Haberá obradoiros, música e un acto institucional coa lectura dun manifesto.
As actividades na praza de Galicia darán comezo ás 17.00 horas cun photocall, un mural de mensaxes e un obradoiro de tie-dye para a elaboración de camisetas de cores. As persoas que queiran participar no obradoiro deberán levar a súa propia camiseta branca.
Ás 20.00 horas chegará o acto central coa lectura dun manifesto por parte do grupo Turbina e de seguido estará pinchando na praza o DJ Pájara Boba e haberá festa con pos holi.




