As policías local e nacional de Ribeira detiveron nunha operación conxunta a un home por, supostamente, ameazar á súa parella armado con dous coitelos de cociña.
Os feitos, segundo recolle La Voz de Galicia, tiveron lugar preto das 23.00 horas do venres nun apartamento situado na rúa Galicia. Foi nese momento cando o servizo do 112 recibiu dúas chamadas dunha muller alertando de que a súa parella ameazáraa con dúas armas brancas, máis concretamente uns coitelos que tiñan na cociña.
Ao parecer o detonante do conflito foi unha forte discusión que se orixinou na mesma vivenda, na que os implicados ao parecer residen cunha menor de idade. A muller, suposta vítima da ameaza, interpuxo unha denuncia formal contra a súa parella ante a Policía Nacional, por uns feitos que poderían ser constitutivos dun delito de violencia de xénero.




