Continúan en Noia as obras de acondicionamento da rúa Carcasía, impulsadas polo Concello, que explica que os traballos consisten na instalación da nova canalización de abastecemento de auga, renovación de beirarrúas, mellora na accesibilidade e renovación do firme. Ademais estase procedendo á ampliación da zona de estacionamento para vehículos na marxe dereita da mesma (dirección Muros).

O alcalde Santiago Freire supervisou os traballos e escoitou ás suxestións da veciñanza e dos operarios.




