“Agora empeza todo” – Xulio Xiz

23 Xuño 2023

Cada xornada electoral, coñecida a decisión suprema dos electores, temos a impresión de proba superada, de ter delegado en persoas capaces, entusiastas, os nosos intereses máis directos, quedándonos só a contribución xusta a través dos impostos para que os elixidos poidan exercer a súa función.

Así é cando a vontade popular é tan clara que a forza maioritaria ten a capacidade de executar o seu programa, sen depender de ninguén. Os que conseguen maiorías absolutas consideran que son perfectas para o goberno, e os que non as conseguen coidan que a democracia está na suma de minorías. E na provincia rexistráronse inquedanzas notorias nas que a suma de minorías tivo no aire gobernos ata o último momento.

De pouco vale a proposta de deixar gobernar as listas máis votadas, que todos algunha vez anceiaron pero que deixan de querelo no momento en que esas listas non lles favorecen, e daquela funciona a enxeñería política.

Atento á actualidade política, só teño visto un exemplo de talante que debera proliferar como é o de Elena Candia que vendo que o goberno da capital lucense repártese entre PSOE e BNG sendo o dela o grupo máis votado, pon firmes ás súas tropas que quedan citadas os luns ás oito da mañá para traballar como se estiveran gobernando, augurando calor político nunha cidade na que ás veces fai frío.

Completado o sábado o traballo dos votantes, agora empeza todo: para os gobernantes e para quen está na oposición. Os votantes somos soberanos, e ninguén pode criticar os nosos votos. Nós, xa cumprimos. É o momento de traballar, cada un no seu posto. Agora empeza todo!.

Outros artigos

“Recordar o 93 e seguir o Camiño”. Luís Celeiro

En Mérida, onde a finais do século sexto xa había un xenodochium, un albergue de acollida easistencia para as multitudes que visitaban a tumba de Santa Olalla. Os historiadores e entendidosdin que foi o primeiro refuxio para peregrinos documentado en Hispania. E alí,...

+

“España, triste y conmocionada”. José Castro López

Una encuesta reciente de IMOP-Insights pregunta por el estado de ánimo ciudadano yrevela que la tristeza es la emoción predominante entre los españoles ante una situaciónpolítica convulsa. “Una España entristecida, desengañada y hastiada de sus dirigentespolíticos”,...

+

“Servizos públicos de calidade” – José Manuel Pena

Unha gran parte de cidadáns, responsables e comprometidos, déronse conta de que se está privatizando a sanidade, a educación ou a dependencia, piares fundamentais de calquera país moderno e democrático. A usura e a corrupción de moitos gobernantes poñen de manifesto...

+

“A roda e a dorna do Museo do Pobo Galego”. José A. López Silva

En setembro de 1936, na Estrada, membros da Falanxe local prenderon un profesor do instituto e obrigárono a varrer as rúas da vila a punta de pistola. Algún deles, probablemente, fora alumno seu. O 12 de novembro notificáronlle a suspensión de emprego e soldo. Ese...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El ‘calvario’ de Óscar Puente” – José Antonio Constenla

“El ‘calvario’ de Óscar Puente” – José Antonio Constenla

Si algo retrata a las personas es esencialmente lo que hacen o dejan de hacer, lo que piensan y cuentan (incluso lo que no cuentan) y desde luego, lo que defienden en público. Todo ello acaba dibujando y comunicando la manera que se entiende la política, el servicio...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.