A Aula CeMIT vai impartir durante este verán sendos cursos de habilidades dixitais para
nenos e nenas en Olveira e Aguiño.
Estas accións formativas, de carácter gratuíta, terán lugar do 11 de xullo ao 24 de agosto, de martes a xoves, e están dirixidas a nenos e nenas de 8 a 13 anos.
Os asistentes aprenderán mecanografía, imaxes, scratch, internet, manexo de ficheiros e carpetas, etc…
As inscricións abrirán a partir das 9 horas do venres 23 de xuño na Aula CeMIT ou vía web en https://cemit.xunta.gal/gl/centros/ribeira Cómpre lembrar que este verán tamén se van celebrar outros cursos de edición multimedia, habilidades dixitais e programación dirixidos a rapaces (en grupos de 7 a 12 e 13 a 16 anos), centralizados neste caso na sede da Aula CeMIT en Cubeliños.




