Un millón de euros para axudas de rexenación do sector marisqueiro

15 Decembro 2019

A Consellería do Mar destina un millón de euros en axudas a distribuír nas anualidades 2020 e 2021 para apoiar ao sector marisqueiro no desenvolvemento de proxectos colectivos para a conservación e restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños das súas zonas de traballo. Destas achegas poden beneficiarse as confrarías, organizacións de produtores e entidades asociativas do sector que sexan titulares de plans marisqueiros en réxime de coxestión e teñan a sede social en Galicia. As solicitudes de axudas poderán presentarse ao longo de todo o ano.
O apoio poderá acadar o 100% do investimento subvencionado e coas achegas favorécese o desenvolvemento de proxectos colectivos en Galicia e que teñen por obxecto recuperar hábitats mariños e costeiros en favor de poboacións de especies de interese marisqueiro ou que contribúen a unha mellor xestión ou conservación dos recursos biolóxicos mariños.
Entre as accións que se apoian están as centradas en hábitats costeiros de importancia para a reprodución de organismos mariños e as destinadas á redución da contaminación física e química. Tamén as medidas de conservación que busquen protexer e conservar a flora e fauna, incluída a repoboación de especies autóctonas, aplicando os principios da
infraestrutura verde da Comisión Europea. Outras accións susceptibles de axuda son as dedicadas a previr, controlar ou eliminar especies exóticas invasoras.
As solicitudes de axudas pódense presentar ao longo do período do programa operativo do FEMP ata o 1 de marzo de 2020. Poderase realizar unha primeira adxudicación coas solicitudes presentadas ata o 1 de marzo e, de non esgotarse o crédito, poderá realizarse unha segunda adxudicación coas presentadas ata o 1 de setembro. As solicitudes con data de presentación a partir do 2 de setembro quedarán para a seguinte convocatoria.
A orde que fixa o crédito da convocatoria de 2020 destas achegas saíu publicada esta semana no Diario Oficial de Galicia e os interesados en pedir as axudas poden consultar os requisitos e a documentación necesaria na orde que as regula, publicada no Diario Oficial de Galicia do 4 de febreiro de 2019. A presentación das solicitudes farase por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia ( https://sede.xunta.gal ).

Marisqueo en Ribeira

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.