O 30 de xuño comeza o 19 Encontro Internacional Zona da Zanfona (Rianxo)

20 Xuño 2023

Do 30 de xuño ao 2 de xullo decorrerá o XIX Encontro Internacional Zona da Zanfona en Rianxo, un evento que cumpre as dezanove edicións ininterrompidas desde 2004 organizado por aCentral Folque e promovido desde o Concello de Rianxo onde teñen pasado os nomes máis senlleiros da escena europea na práctica instrumental da zanfona nas últimas dúas décadas.

Zona da Zanfona é o festival da manivela musical, da revolución silenciosa e mecánica do arco infinito, combinando programación de actividades para o público xeral e o especializado. Haberá concertos, cursos e convivio arredor da zanfona. A axenda comeza o venres 30 de xuño na praza Rafael Dieste ás 21.30 horas (con Sangre de Muérdago e Ben Grossman) e prosegue o sábado 1, no mesmo lugar e á mesma hora, con Cantometrics e David Bellas e Iván Abal. O domingo haberá diversas actividades no Pazo de Rianxiño: o Palco Aberto ZdZ a partir das 12h, unha Mostra de Escolas de Zanfona, o Xantar ZdZ e a presentación do Manual galego de zanfona con Suso Vaamonde, ás 17h.

Tamén haberá actividades formativas con Óscar Fernández (de iniciación, o venres 30 a partir das 16h), con Vítor Soto (intermedio, venres 30 en horario de 16-20h) e con Ben Grossman (avanzado, o sábado 1 en horario de 10 a 19h). A maiores celebrarase un obradoiro de construción de zanfonas con Suso Gestal e Ariel Ninas (o sábado 17 e domingo 18 xuño, de 10 a 20 horas).

Outros artigos

Esther Piñeiro presenta en Noia o seu libro poemas “Sempre Lela”

A autora Esther Piñeiro presentará en Noia Sempre Lela, publicado pola editorial local Toxosoutos. A cita será este venres 25 de setembro ás 20.30 horas, na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos. Trátase, segundo avanza o Concello de Noia nas redes, dun pequeno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.