A Alcadía de Ribeira resolve a delegación das distintas concellerías

25 Xuño 2019

20190625. O Concello de Ribeira informa, por resolución da Alcaldía, da delegación de competencias no seo do goberno da Corporación Municipal.

Así, Victor Reiriz Lampón responsabilízase da Concellería de Seguridade e Mobilidade Cidadá; Ana Isabel Ruiz Reiriz da Concellería de Servizos Sociais, Promoción Social, Igualdade e Diversidade; Ana Isabel Barreiro Rego da Concellería de Administración, Innovación Tecnolóxica e Transparencia, Atención e Participación Cidadá; Ramón José Doval Sampedro da Concellería de Relacións Institucionais, Turismo, Promoción e Dinamización Económica; Juana María Brión Santamaría da Concellería de Educación, Xuventude e Deportes; Elvira Pereira Ageitos da Concellería de Medio Ambiente, Parques e Xardíns, así como da de Cemiterios; Manuel Emilio Pérez Outeiral da Concellería de Persoal, Benestar Comunitario, Mercados e Consumo; e, María José Sampedro Fernández da Concellería de Infraestruturas e Urbanismo, do mesmo xeito que da de Cultura.

Pola súa parte, Manuel Ruiz Rivas, alcalde de Ribeira, asume as áreas de Economía, Facenda e Pesca.

Ademais, a proposta que manexa o grupo do goberno de cara ao pleno de organización contempla que María José Sampedro Fernández e Manuel Emilio Pérez Outeiral teñan dedicacións exclusivas, converténdose nas “persoas fortes” do Executivo de Manuel Ruiz.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...