En Ribeira licitada a pavimentación e renovación de servizos nas rúas Pai Feijóo e Arcebispo Xelmirez

19 Xuño 2023

O Concello de Ribeira informa da licitación das obras de pavimentación e renovación de servizos nas rúas Pai Feijóo e Arcebispo Xelmírez.
Cun orzamento de 91.310,84 euros e un prazo de execución de catro meses, con esta actuación perséguese renovar unha zona na que non existe rede separativa de saneamento e pluviais descorrendo
ambas augas por unha tubaxe de formigón e ademais carece nun tramo de rede de abastgecemento. Ademais, no pavimento pódese prezar numerosas roturas disgregacións.
Xa que logo, o que se pretende é mellorar a accesibilidade e as condicións de seguridade viaria a través dun novo firme consistente en formigón semipulido no que se intercalarán franxas de lousas de
pedra de granito. Ademais, se instalará o tramo que falta de abastecemento (55 metros de longo) e se instalarán sendas redes independentes de saneamento de 116 metros e augas pluviais de 75 metros.
As empresas interesadas dispoñen ata o 6 de xullo á medianoite para presentar as súas ofertas.
O investimento está incluído no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) POS+ 2022.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.