“Defender os concellos e a reivindicación contra a depredación eólica”. Antón Luaces

16 Xuño 2023

Este sábado, 17 de xuño, a coordinadora “Eólica Así Non” convida ao pobo galego a participar nos actos de constitución das novas corporacións municipais dos concellos galegos e entregaren a todos

os membros das corporacións un escrito que contén peticións concretas en apoio expreso e decidido ás reivindicacións  da citada coordinadora para impedir a invasión éolica da que, afirma, “estamos a ser vítimas”; apoio económico e técnico a prol das accións xurídicas postas en marcha por parte das plataformas afectadas e colectivos sociais; presentación polos concellos de todas as accións legais e xudiciais necesarias contra os proxectos eólicos propostos e non facilitar polos concellos a tramitación dos permisos, licenzas e demáis trámites dos que teñan competencia para a instalación dos parques eólicos autorizados polos gobernos galegos  e/ou español.

Deste xeito, “Eólica Así Non” involucra ás novas corporacións na loita contra a actual planificación de eólicas nos montes galegos e zonas costeiras desta Comunidade Autónoma mesmo cando estas costas non sexan competencia municipal senon autonómica ou nacional.

Segundo a Asociación Eólica de Galicia, son 187 os parques instalados en Galicia, que suman  3.897 megavatios. A estes sumaranse os 2.912 dos 84 proxectos que, previsiblemente, serán instalados (un 75% máis) nun próximo futuro.

Unha vintena deses futuros parques eólicos galegos forman parte dos 77 proxectos que dispoñen de declaración de impacto ambiental (DIA) da Xunta e van ocupar espazos para se erguer -parcial ou íntegramente- nunha reserva da biosfera, segundo algunha publicación que afirma asimesmo que boa parte desa vintena de proxectos van asentarse na reserva da biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, malia seren as reservas da biosfera zonas de ecosistemas terrestres ou costeiros/mariños recoñecidas nun plano internacional polo Programa MAB da UNESCO co obxectivo de conservar a biodiversidade e ecosistemas, desenvolvemento de poboacións locais e apoio á

Investigación, aspectos estes que non foron obstáculo para a aprobación  pola Xunta do proxecto xa que logo coida que son “proxectos ambientalmente viables” sempre e cando os promotores cumpran cos condicionantes fixados.

Entre os espedentes que se resolveron negativamente, existe unha liña de 40 quilómetros entre Vimianzo e a ría de Noia que obriga a aves a realizar  “grandes cambios de rutas”, ao igual que en 100 quilómetros no oriente da provincia de Pontevedra.

A Asociación Empresarial Eólica, con datos do ano 2021, estimaba que o sector da emprego  a 5.600 persoas en Galicia e supón o 0.9% do PIB da Comunidade, facilitando traballo a perto dun cento de empresas auxiliares.

Ata o de agora Galicia ocupaba a terceira posición no que atinxe a enerxía eólica xerada -15,8% do total de España- e a cuarta en potencia instalada. O sector informou que, entre 2020 e 2022, só se construiron 67 megavatios dos máis de 3.800 instalados. A patronal do sector (AEE) recoñeceu pola súa banda que o número de espedentes aprobados en Galicia “é superior ás demáis comunidades, seguido de Castilla e León e Aragón”.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.