O alumnado do obradoiro en xestión forestal de Boiro limpa e acondiciona o Camiño A Orixe

16 Xuño 2023

O alumnado do Obradoiro de Emprego en Xestión Forestal Torre Goiáns II – Boiro está a realizar esta tempada tarefas de mantemento en puntos do Camiño de Santiago no Barbanza (A Orixe) ao seu paso por Boiro. Os traballos forman parte da programación didáctica do curso que desenvolve o Concello cunha duración de 12 meses contempla formación teórica e práctica.

As actuacións que o alumnado está a realizar son principalmente de poda e roza para o acondicionamento e mantemento das zonas polas que transcorre o camiño. O alumnado realiza a formación práctica do curso en diversas zonas naturais do municipio como son a contorna do Pazo de Goiáns, a contorna dos Castros de Neixón, o Monte do Sino ou Monte Peón para o acondicionamento dos espazos forestais.

O Obradoiro de Emprego en xestión forestal Torre Goiáns II – Boiro conta co financiamento da Xunta de Galicia e nel participan 20 alumnos e alumnas que reciben formación nas modalidade de Aproveitamentos forestais e Repoboacións forestais e tratamentos silvícolas.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.