Entregados os premios Barbantia 2019

14 Decembro 2019

O pintor ribeirense Xoán Fernández pola súa Traxectoria Cultural, o local boirense “A Pousada dá Galiza Imaxinaria” pola Iniciativa Cultural e a xornalista e poetisa noiesa, Ana Romaní Blanco polo seu labor en pro da Cultura Galega, recibiron este mediodia os galardóns da XIII Edición Premios Barbantia da Cultura Galega. A actriz rianxeira Esther F. Carrodeguas foi a encargada de presentar este sábado, na casa de cultura de Boiro o acto de entrega dos premios, que fai o colectivo do mesmo nome. Durante o acto houbo unha intervención musical a cargo de membros da Banda Municipal de Boiro e participaron entre outras autoridades, o director xeral de Políticas Culturais, Anxo Lorenzo; o secretario xeral de Normalización Lingüística, Valentín García; e a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.