“De manobras a xogadas políticas para non molestar” – Antón Luaces

15 Xuño 2023

Foi Alberto Núñez Feijóo (presidente nacional do PP) ou foi Alfonso Rueda Valenzuela (presidente da Xunta de Galicia) o promotor da primeira crise de goberno deste último para remodelar un goberno no que a conselleira do Mar, Rosa Quintana, con 14 anos á fronte do departamento da Pesca, leva moito tempo sendo cuestionada polo sector?

Sempre se dixo que os cambios que puideran producirse na Consellería de Pesca (ou do Mar) deberían contar coa aquiescencia da Cooperativa de Armadores de Vigo, a organización máis importante do sector en Galicia e unha das máis importantes de España. Mais desta vez -e no caso de que fose así- debeunos coller co pé cambiado porque Rosa Quintana, que substituíu no cargo a Enrique López Veiga, non parecía figurar na lista de “cambiables” por parte dos armadores vigueses. Si por boa parte das confrarías de pescadores e os sectores de artes menores, cerco e arrastre de litoral que, en distintas ocasión, pediran o seu cesamento nun posto de tanta responsabilidade social e económica nunha comunidade autónoma tan dependente do mar e a pesca como é Galicia.

O cese, xa oficial, de Rosa Quintana como conselleira do Mar para se presentar nas eleccións de xullo ao Congreso dos Deputados como número 2 por Ourense nas listaxes do PP non era esperado nin sequera no departamento que dirixiu ata o de agora.

Aproveitar esta convocatoria electoral para afastar a Quintana da consellería na que levaba practicamente toda a súa vida profesional ten moitas lecturas. Pero as máis achegadas á realidade poden ir do interese real de Feijóo para contar con Quintana nun, polo de agora, teórico goberno por el presidido, ata o interese de Rueda por promover a remuda nun departamento cuxa conflitividade no sector mexilloeiro e percebeiro, xunto coas escasas expectativas en pesqueiras de baixura propias desta época do ano e cadrando coa convocatoria electoral, puideran facer perigar os tradicionais bos resultados nun sector no que as confrarías de pescadores teñen un peso máis que evidente e que poderían ir á contra de seguir Rosa Quintana como directora da orquestra pesqueira e mariscadora galega.

Está, pola outra banda os resultados electorais que se barallan nun concerto a dous -PP e PSOE- obrigados a pactar para gobernar xa que logo a día de hoxe  non son previsibles maiorías absolutas. Con  este panorama, aceptaría Rosa Quintana de bo grao a promesa de integración nun  goberno con Feijóo que ninguén pode asegurar cando a campaña electoral aínda está por comezar?.

Manobra de Feijóo ou xogada de Rueda?. Acordo ente ambos os dous presidentes para “matar” dous paxaros dun so disparo?.

Está por ver.

Outros artigos

“500 noites” – Xulio Xiz

O dato das 500 noites lembroumo o pasado San Froilán o magnífico Carlos García-Boente Carro, á fronte de La penúltima sabinera, que foi debullando os éxitos de Joaquín Sabina diante do entusiasmo dos presentes, deixando para o remate os dous temas para min máis...

+

“¿Me gusta Patti Smith?”. Mario Clavell

Cantó en la entrega del Princesa de Asturias un fragmento de Wing, a sus 79 años, desmelenada según costumbre, áspera y afinada melódicamente. Escuché por you tube algunas de sus canciones espectáculo en auditorios petados con megafonía alta ante público entregado,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Realidade e legalidade” – José Manuel Pena

“Realidade e legalidade” – José Manuel Pena

Sen dúbida unha cousa é a realidade e outra moi diferente a legalidade vixente. Desde algúns colectivos sociais e plataformas cidadás atópanse, con demasiada frecuencia, co muro do despropósito de moito gobernantes. Case sempre apelan á “legalidade” para non deixar de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.