Este mércores chega o verán: sol e forte suba das temperaturas

13 Xuño 2023

As altas presións entrarán desde o Atlántico achegando estabilidade. Deste xeito comezaremos o mércores con néboas en vales do interior, nubes baixas no norte de Lugo e na provincia da Coruña e nebulosidade alta no resto; pero a partir do mediodía o predominio será xa para os ceos pouco nubrados ou despexados. As temperaturas mínimas non terán cambios, pero as máximas ascenderán, acadándose valores propios desta época estival. O vento soprará con escasa intensidade, sendo de compoñente norte pola tarde.

O noso mar: Vento variable á mañá, do noroeste á tarde e do norte á noite, forza 1 a 3 á mañá, 3 a 4 á tarde e 2 a 4 á noite. Mar ovellado á mañá e á noite e marusía á tarde. Visibilidade boa.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Preamar01:493.3 m
Baixamar08:021.0 m
Preamar14:233.3 m
Baixamar20:301.0 m
Vigo
Hora*Altura
Preamar01:413.3 m
Baixamar07:571.0 m
Preamar14:143.2 m
Baixamar20:221.1 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Preamar01:453.3 m
Baixamar08:011.0 m
Preamar14:193.2 m
Baixamar20:251.0 m

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.