Os socialistas instan a reverter aso concellos os terreos de portos que xa non teñen uso portuario

13 Xuño 2023

O viceportavoz do Grupo Socialista, Julio Torrado, reclamoulle á Xunta que reverta a favor dos concellos a titularidade dos terreos de Portos de Galicia sen uso portuario. O responsable socialista presentou unha moción no Pleno do Parlamento para reclamarlle ao goberno que deixe de empregar Portos como “o maior ente parásito de Galicia”, que cobra por uns terreos que nin utiliza nin se encarga de manter.
Amosou a súa sorpresa por que o PP votara hoxe en contra desta iniciativa, que precisamente pedía axilizar o a reversión da titularidade destes terreos, tal e como determinaba unha proposta anterior presentada polo Grupo Socialista e aprobada tamén polo PP. Criticou o “escapismo permanente” do goberno galego, que está a retrasar os procedementos para entregarlle estes terreos aos concellos que o soliciten.
O responsable socialista lembrou a situación de numerosos concellos costeiros, que foron absorbendo os terreos que un día integraron o porto local, pero que polo avance urbanístico quedaron para usos municipais. Portos de Galicia mantén estes terreos para “cobrar moito e traballar nada” por un uso que nada ten que ver coa actividade portuaria, renunciando a asumir o seu mantemento ou limpeza, que recae sobre os gobernos locais.
Reclamou que lles permitan aos concellos que xestionen uns espazos que de facto están a soster agora mesmo, e acusou ao goberno galego de “aproveitar un problema no canto de solucionalo”.
Acusou á Xunta de provocar conflitos ao dificultar a actividade dos concellos e que traten de “escabullirse e tomarse a pitorreo o Parlamento”.
Lembrou que o goberno galego renunciou a incluír a reversión dos terreos a favor dos concellos cando aprobou a Lei de Portos en 2017, e seguiron rexeitando calquera iniciativa presentada polo Grupo Socialista ata 2020, cando comezaron a “votar a favor, pero con cumprimento nulo”. A propia Xunta, engadiu, recoñece que son terreos de non uso portuario pero “segue sen facer nada”.
Proposta
Torrado explicou que nesta iniciativa reclamaba “concretar e remitir unha proposta de convenio á Fegamp para establecer procedementos estandarizados para os concellos galegos”. Ademais, o parlamentario socialista pide que o goberno galego realice informes favorables á reversión dos terreos cara aos concellos para solicitarlle a Costas que o procedemento de reversión continúe favorablemente.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.