A XXII Regata Frinsa congregará este sábado no Club Náutico de Riveira a un bo número de invitados que animarán aos regatistas

13 Xuño 2023

“É unha regata para os traballadores de Frinsa e son eles os que elixen os seus invitados”. Con estas palabras tan claras e matizadas con firmeza, Ramiro Carregal interviña na presentación da XXII Regata Frinsa, que se disputa este sábado 17 de xuño en augas da Ría de Arousa, organizada polo Club Náutico Deportivo de Riveira.

Foto Juan Caballero

A cita velística foi presentada esta mañá na biblioteca do Club Náutico e Deportivo de Riveira, sendo o condutor do acto o seu presidente, José Luís Torres Colomer, que estivo acompañado de Ramiro Carregal Rey, Presidente de Honra e patrocinador da regata, así como do Comodoro, José Luís Lomba, e o seu Tesoureiro, Xusto Arevalillo.
“Agradecer a Ramiro Carregal o patrocinio desta regata, así como o doutros eventos deportivos e sociais que realiza, especialmente o agarimo que sempre lle dedica a esta entidade do Náutico de Riveira”, comentaba Torres Colomer.
“Esta é unha regata destinada á clase Cruceiro, dividindo a frota en tres categorías que serán Regata, Cruceiro/Regata e Cruceiro, disputándose polo interior da Ría de Arousa”, explicaba Lomba. “A regata poderana seguir os traballadores de Frinsa e os seus invitados desde dous catamaráns habilitados para esta xornada e patrocinados por Ramiro Carregal”, lembraba o Comodoro.

“Esta regata facíase en Sálvora. Ao quedar expropiada a illa pasou a celebrarse na propia Ría de Arousa, dando continuidade ao evento deportivo”, detallaba Carregal. “A idea dos catamaráns xurdiu para que as familias puidesen ver de preto como se realiza unha regata, congregando despois a un bo número de invitados que degustarán as conservas Frinsa”, terminaba dicindo o gran mecenas da comarca do Barbanza.
Dependendo das condicións meteorolóxicas, o Oficial Principal da Regata Frinsa, decidirá o formato das probas para celebrar, ou ben algún bastón ao vento, tipo barlovento-sotavento, ou un trazado costeiro polo interior da ría arousá.
Existen 18 percorridos alternativos, dos que os predilectos de Carregal son aqueles que trazan a súa travesía próxima á Illa de Sálvora. O Top de saída está programado ás 12.00 horas do mediodía e ao seu termo celebrarase unha comida mariñeira e a entrega de premios.
O Náutico de Rivera manexa unha previsión dunhas corenta embarcacións que se inscribirán na regata ata este mércores 15 de xuño, xornada na que finaliza o prazo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.