Un estudo sobre alteracións das válvulas cardíacas, Premio Ramiro Carregal

13 Xuño 2023

Este luns 12 de xuño entregáronse as distincións dos IV Premios Ramio Carregal de investigación en cardioloxía. O principal recoñecemento foi dar á cardióloga do Hospital de Santiago (CHUS) Amparo Martínez Monzonís, que centra o seu traballo recente nas alteracións que afectan ás válvulas cardíacas, consideradas como a terceira causa de doenzas do corazón. Isto plásmase no proxecto Estudo sobre os marcadores prognósticos na insuficiencia tricuspídea (IT) significativa na era do tratamento percutáneo: o papel das técnicas de imaxe cardíaca avanzada e a graxa epicárdica.

Os Premios Ramiro Carregal contan cunha dotación económica de 30.000 euros, e galardón acreditativo.

Ramiro Carregal entregando o galardón nunha imaxe de Jesús Prieto para El Correo Gallego

A cita, celebrada no Hostal dos Reis Católicos en Santiago, foi presidida polo empresario que dá nome aos galardóns, ribeirense de adopción, e o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña.

Martínez Monzonís é cardióloga no Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela e preside a Asociación de Imaxe Cardíaca da Sociedade Española de Cardioloxía. Xunto con ela, forman parte do equipo gañador Ana García Campos, Brais Díaz Fernández, Violeta González Salvado, Sonia Eiras Penas e Ramiro Trillo Nouche.

Durante o acto, o titular de Sanidade rescatou as palabras da propia galardoada para explicar que este innovador estudo “pretende comprobar a utilidade dos biomarcadores para saber en que doentes é recomendábel pasar por quirófano, e que considera clave poder determinar o papel da graxa epicárdica”.

García Comesaña agradeceu á doutora e ao conxunto de membros do seu equipo o desenvolvemento dunha investigación que se poderá trasladar á praxe diaria no Servizo Galego de Saúde e que “terá unha repercusión directa na experiencia dos pacientes”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.